Estación de Embarque
Nesta viaxe que aquí comeza serás a primeira persoa de a bordo. Empregarei este ollo de vidro que nos separa a ti e a min para ensinarche o meu espazo positivo, mergullarémonos nel para percorrer todos os seus recunchos e acubillos que me fan sentir na casa.
Iremos da man, compartindo o temón, nunha historia que se constrúe coa luz para contar imaxes que perfilan as engurras do tempo.