Peiraos
Peiraos
Cada porto, cada amarre, cada escala desta viaxe garda os seus segredos. Son palabras contadas de esguello que enchen os nosos oídos, que rompen o silencio das rúas molladas e as calellas desertas e que fan de lastre antes de regresar.
Ao dobrar unha esquina, ao saltar un muro, ao empurrar unha cancela ou ao atravesar un arboredo aparecen ante nós coma se nunca antes os tivésemos visto cos ollos daquel día.