Esculpir o Tempo
Esculpir o Tempo
Hai lugares que traen o pasado ao presente, gretas temporais que son recordo vivo dunhas fendas que atravesan as paredes, coma cicatrices sobre o corpo e a pel.
Feridas que se van facendo máis profundas cos anos, que nos contan a historia dun presente pretérito, non moi afastado, no que quedou a pegada impresa daquelo que nos magoou. Biografías dos muros e das xentes que agroman polo baixo e que van esculpindo os anos en cada unha das súas esquinas.